En Casa Grande de Xanceda buscamos unha persoa aventureira para incorporarse ao equipo do almacén loxístico que temos en Ledoño. Somos unha granxa láctea ecolóxica e precisamos a alguén que teña simpatía, responsabilidade e que comparta os nosos valores. Por iso é suÚuper importante ser amante dos animais e a natureza!
En dependencia do responsable de Expedición. Xornada completa. Incorporación inmediata.
FUNCIÓNS:
* Preparación de pedidos
* Carga e descarga de mercancía nas diferentes ubicación con carretilla elevadora, traspaleta eléctrica e manual
* Persoa meticulosa e áxil
* Desexable que teña formación en manexo de carretilla elevadora e traspaletas eléctricas e experiencia en almacén refrixerado
* Axilidade e facilidade na resolución de problemas e adaptación a novas situacións
* Planificación e organización, estas habilidades non che han ir mal!
* Compromiso: buscamos alguén que queira quedar con nós moito tempo, é que nos encariñamos rápido, sabes?
* Empatía: Temos moito flow e bo rollo no equipo, ven con empatía e verás que todo vai rodado.
* Proactividade: gústannos as persoas que pensen con iniciativa propia!
Formarás parte dun proxecto estable, terás formación integral a cargo da empresa e un bo ambiente de traballo.
#J-18808-Ljbffr