Buscamos a unha persoa para un posto de ORDENANZA-ADMINISTRATIVO/A, para cubrir unha baixa médica, á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio.
Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.
Qué buscamos?
Unha persoa para o noso departamento de facturación, con coñecementos administrativos e de atención ao cliente.
* Coñecementos desexados: experiencia en atención ao cliente, coñecementos básicos sobre auxiliar de administración.
* Habilidades de comunicación e traballo en equipo.
* Nivel alto de galego, castelán e catalán (falado e escrito). Valoramos inglés.
En dinahosting traballarás:
* Desenvolvendo tarefas administrativas e de atención ao cliente, mediante teléfono, e-mail.
* Resolvendo dúbidas de carácter administrativo.
* Orden e xestión das instalacións.
* Preparación e envío de paquetería, reposición e compra de material de oficina.
* Solicitude de presupostos.
* Realización de enquisas telefónicas.
* Trámites administrativos básicos (correo electrónico, Excel, etc.).
* Todos aqueles de semellante natureza que se lle poidense encomendar.
E por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora!
Como o farás?
A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para axudarte no que precises.
Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes.
Cando traballarás?
Terás unha xornada completa de luns a venres, e rotarás cás demais persoas do departamento entre un turno intensivo e un turno partido.
Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.
Onde traballarás?
As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela.
Salario e beneficios sociais
Contamos con convenio propio. Ademáis, tamén contamos con esta serie de beneficios sociais:
* Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras.
* Bolsa de formación subvencionada ao 100%.
* Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa.
* Axudas para o pagamento de gardarías e centros de coidado de maiores.
Máis sobre dinahosting
Desde 2001, dinahosting ofrece solucións para proxectos online, desde hosting compartido ata servidores de alto rendemento, incluíndo servizos de cloud avanzados. Somos rexistradores de primeiro nivel e acreditados pola ICANN, e temos alianzas con marcas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco, VMware.
O noso soporte técnico está dispoñible 24/7, en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués, usando diferentes ferramentas de contacto.
Ao inscribirte nesta oferta, consentes o tratamento dos teus datos para o proceso de selección, con conservación durante o tempo necesario e sen comunicación a terceiros. Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación ou supresión contactando co departamento de Recursos Humanos.
#J-18808-Ljbffr