Buscamos unha persoa responsable, dinámica e con afán de superación para incorporarse ao noso equipo comercial nunha empresa galega dedicada ao sector da alimentación.
Funcións:
Coñecer e presentar os nosos produtos.
Xestionar e fidelizar os clientes existentes.
Crear novos clientes e abrir rutas novas.
Ofrecer un servizo próximo e de calidade.
Requisitos:
Experiencia previa en vendas (valorable no sector da alimentación).
Carné e disposición para conducir.
Habilidades comunicativas e de venda.
Capacidade de traballar de maneira autónoma e en equipo.