17/07/2025 | Oferta de empleo
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1646
Número de prazas: 1 | Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 2000,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía. Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.
Traballo a Realizar
Monitorización de zonas de obra en estrada baseada en visión artificial con fotogrametría e aprendizaxe profunda.
Requisitos
* Grao do ámbito tecnolóxico.
Méritos a valorar
* Titulación académica requirida e relación coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos).
* Outra Formación académica e estar en disposición de realizar un programa de doutoramento por primeira vez (25 puntos).
* Coñecementos específicos en Desenvolvemento Deep Learning para a monitorización de zonas de obra (20 puntos).
* Experiencia acreditable relacionada co traballo a desenvolver (25 puntos).
* Entrevista – Máximo 3 Candidatos – Mínimo 50 puntos nos epígrafes anteriores (15 puntos).
Comité avaliador
* Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
* Secretario: Pedro Arias Sánchez.
* Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: o 1 de agosto de 2025.
#J-18808-Ljbffr