Empleo
Mis anuncios
Mis alertas
Conectarse
Encontrar un trabajo Consejos empleo Fichas empresas
Buscar

Técnica/o de comunicación, publicidade e relacións públicas

Santiago de Compostela
Thinking Up Events
Publicidad
Publicada el 11 agosto
Descripción

Buscamos Técnico/a de Comunicación, Publicidade e RRPP (Contrato de prácticas dun ano - Primeira Experiencia Profesional)
En Thinking Up Events, somos unha axencia e promotora especializada na creación de eventos e experiencias inesquecibles. Agora queremos sumar ao noso equipo a unha persoa con talento e paixón pola comunicación para unirse á nosa oficina de Santiago de Compostela.
Se es unha persoa creativa, proactiva e che encanta a comunicación, quizais sexas a persoa que buscamos.
O que farás:
* Planificar e executar as campañas de comunicación e publicidade dos nosos eventos.
* Desenvolver a estratexia de comunicación dixital e a xestión das redes sociais para cada evento.
* Xestionar as relacións cos medios de comunicación: convocatorias, roldas de prensa, envío de notas, etc.
* Coordinar entrevistas con artistas, promotores e outros participantes.
* Crear e coordinar a creación de contidos atractivos (textos, imaxes, vídeos) para diferentes canles.
* Preparar dossieres e propostas para presentar os nosos proxectos, concertos e artistas.
* Analizar resultados e propor melloras para futuras campañas.
O que buscamos en ti (Requisitos do posto):
* Formación superior en Comunicación, Publicidade, Relacións Públicas ou áreas relacionadas.
* Dominio do galego e castelán, tanto oral como escrito.
* Coñecementos básicos de inglés.
* Coñecementos de ferramentas de deseño (Suite Adobe), xestión de redes sociais, Wordpress, marketing dixital e analítica web.
* Capacidade de traballo en equipo, habilidades de aprendizaxe, de organización e iniciativa propia.
Ademais, é imprescindible cumprir as seguintes condicións para optar ao posto:
* Ter cumprido 16 anos e non ter cumprido 30 anos no momento da contratación.
* Estar desempregada (desocupada o día inmediatamente anterior ao inicio do contrato) e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
* Non ter unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que se vai contratar.
* Estar en posesión dunha titulación universitaria, de grao medio ou superior, ou de formación profesional equivalente.
* O contrato debe formalizarse dentro dos tres anos seguintes á finalización dos estudos (cinco anos se se trata dunha persoa con discapacidade).
O que ofrecemos:
* Un ambiente de traballo dinámico e creativo.
* Un contrato formativo de 12 meses a xornada completa, subvencionado a través do programa de Primeira Experiencia Profesional da Xunta de Galicia, con posibilidade de estenderse e formar parte do equipo de xeito estable.
* Posibilidade de posto híbrido, presencial na nosa oficina de Santiago de Compostela e teletraballo segundo acordo.
* Salario segundo convenio de Eventos e producións culturais de Galicia.
* Oportunidade de crecer profesionalmente e de participar en proxectos emocionantes.
Se pensas que o teu perfil encaixa coa nosa oferta, envíanos o teu currículo e unha breve presentación a

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar
Oferta cercana
Técnica/o de comunicación, publicidade e relacións públicas
Santiago de Compostela
Thinking Up Events
Publicidad
Oferta cercana
Beca remunerada para estudiantes de máster en márketing y diseño gráfico, grado en publicidad y[...]
Santiago de Compostela
JR Spain
Publicidad
Oferta cercana
Beca remunerada para estudiantes de máster en márketing y diseño gráfico, grado en publicidad y rela
Santiago de Compostela
NTT DATA Europe & Latam
Publicidad
Ofertas cercanas
Empleo Comunicación en Santiago de Compostela
Empleo Santiago de Compostela
Empleo Provincia de A Coruña
Empleo Galicia
Inicio > Empleo > Empleo Comunicación > Empleo Publicidad > Empleo Publicidad en Santiago de Compostela > Técnica/o de comunicación, publicidade e relacións públicas

Jobijoba

  • Dosieres empleo
  • Opiniones Empresas

Encuentra empleo

  • Ofertas de empleo por profesiones
  • Búsqueda de empleo por sector
  • Empleos por empresas
  • Empleos para localidad

Contacto/ Colaboraciones

  • Contacto
  • Publiquen sus ofertas en Jobijoba

Menciones legales - Condiciones legales y términos de Uso - Política de Privacidad - Gestionar mis cookies - Accesibilidad: No conforme

© 2025 Jobijoba - Todos los Derechos Reservados

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar