Oferta de empleo: 25/06/2025
Aumente sus posibilidades de llegar a la fase de entrevista leyendo la descripción completa del puesto y enviando su solicitud sin demora.
Convocatoria: Número de prazas: 1. Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Salario bruto mensual: 2.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Cintecx. Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio ao centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores nas actividades de I+D, a preparación e xestión de solicitudes de novos proxectos de carácter internacional, e a captación de talento. Participará no desenvolvemento estratéxico e na internacionalización do centro, así como na implementación e xestión do plan de comunicación do CINTECX para fortalecer a visibilidade e o impacto das investigacións e actividades desenvolvidas a nivel internacional e a capacidade de transferencia.
Requisitos
*
* Grado e Master no ámbito das tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX.
Méritos a valorar
*
* Formación Académica: Grado e Máster en tecnoloxías ou enxeñarías directamente relacionadas coas áreas de investigación do CINTECX, así como coa natureza das funcións a realizar, especialmente no ámbito da xestión de proxectos. Requírese un nivel avanzado de inglés, que permita a xestión de proxectos internacionais e unha comunicación eficaz neste idioma.
* Experiencia Profesional: Experiencia previa na xestión de proxectos de I+D, especialmente en ámbitos internacionais; experiencia na organización de actividades de formación e divulgación científica; experiencia na elaboración e execución de plans de comunicación.
* Coñecementos Específicos: Procedementos e requisitos das convocatorias de financiamento europeas e nacionais; familiaridade cos sistemas de xestión da calidade aplicados á investigación, así como na xestión orzamentaria e de pedidos na universidade e noutras administracións; coñecemento das áreas temáticas e liñas de investigación do CINTECX; competencia no uso de ferramentas e software para a xestión de proxectos e a comunicación científica.
* Entrevista.
Comité avaliador
*
* Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
* Secretario: Félix Quintero Martínez.
* Vogal: Marta Pazos Curras. xcskxlj
Documentación
*
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
Data límite de recepción de candidaturas: 9 de xullo de 2025.
#J-18808-Ljbffr