Buscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting.
Dado que o posto e temporal buscamos persoal con certa experiencia para a sua rapida adaptacion. Non precisamos unha titulacion especifica, pero toda formacion ou certificacion relacionada con Microsoft Windows Server, valorarase positivamente.
Administrador ou administradora para a nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualizacion como Hyper V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicacion como son HTTP, POP3 e SMTP.
Para nos e moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracions e procesos sobre ditos sistemas. Conecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar.
Tamen utilizamos metodoloxias axiles na nosa xestion de proxectos, como Scrum.
Responsabilidades:
* Investigando, proponendo e desenando solucions en equipo.
* Desenvolvendo tarefas de administracion de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo.
* Facendo despregues e postas en producion das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir.
* Encantaranos que nos deses sempre a tua opinion e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.
A nosa estrutura e horizontal e existe a figura do responsable de area ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e esta para baixar as trincheiras cando fai falla. Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxia Scrum.
Os sprints tenen unha duracion semanal e facemos reunions para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucions o mais rapidamente posible. Non partiras de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formacion constantes entre os equipos.
A tua xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estaras unha semana de mana de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana sera de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso.
Neste posto requirese de disponibilidade para gardas, despois do turno de tarde e fins de semana o administrador ou administradora permanecera pendente do telefono para resolver incidencias que puideran afectar a nosa infraestrutura.
Somos fans da flexibilidade e da conciliacion, e sempre que o necesites poderas ir cos pequenos ao medico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.
As nosas oficinas e punto de encontro estan en Santiago de Compostela, pero poderas escoller acudir a oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!
Salario segun convenio propio. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais:
1. Eleccion libre de vacacions: coordinate co teu equipo e elixeas cando ti queiras.
2. Bolsa de formacion subvencionada ao 100%.