Oferta
25/04/2025 | Oferta de emprego. Convocatoria: Número de prazas: 1. Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma. Duración do contrato: 2 meses e 16 días. Salario bruto mensal 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar
Caracterizar, en base ás súas propiedades fisicoquímicas e composición, os extractos de biosurfactantes recuperados no proceso de diálise a escala piloto.
Requisitos
- Grao e Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns.
Méritos a valorar
- Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
- Méritos específicos relacionados coas funcións a desempeñar (45 puntos).
- Entrevista persoal aos candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Xanel Vecino Bello.
- Secretaria: José Manuel Cruz Freire.
- Vogal: Ana Belén Moldes Menduíña.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de maio de 2025.
#J-18808-Ljbffr