Empleo
Mis anuncios
Mis alertas
Conectarse
Encontrar un trabajo Consejos empleo Fichas empresas
Buscar

Innovation project manager (salamanca)

Salamanca
Clúster TIC Galicia
Publicada el 26 noviembre
Descripción

No Clúster TIC Galicia, a maior asociación de empresas tecnolóxicas da comunidade, buscamos un/a Innovation Project Manager que lidere e coordine iniciativas crave para o desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico galego. Se o teu perfil encaixa coas condicións que detallamos a continuación, postúlate!

Requisitos obrigatorios na data de selección

1. Ter entre 18 e 29 anos.

2. Estar rexistrado/a como beneficiario/a en o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

3. Estar rexistrado/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

4. Dispoñibilidade para un contrato de 9 meses a xornada completa.

Que farás neste posto?

- Liderar o lanzamento do Portelo Único TIC, un portal estratéxico que conectará oferta e demanda tecnolóxica, asegurando o seu funcionamento, actualización e dinamización. - Realizar consultoría tecnolóxica a empresas e entidades que soliciten apoio na definición de requisitos, alcance e especificacións dos seus proxectos. - Coordinar a parte técnica dos proxectos tecnolóxicos nos que participe o Clúster e elaborar documentación funcional e técnica asociada aos mesmos. - Colaborar con empresas socias, institucións e axentes do ecosistema para fomentar a innovación e a transferencia tecnolóxica.

Que buscamos en ti?

Formación

- Grao ou FP Superior en áreas tecnolóxicas, enxeñerías, informática, telecomunicacións, ou titulacións afíns. - Valorarase positivamente formación en innovación, xestión de proxectos ou áreas relacionadas.

Experiencia/Coñecementos

- Non é necesario cumprir todos, pero si demostrar interese e base técnica. - Coñecementos xerais do sector TIC e de tecnoloxías da información. - Familiaridade coa xestión ou coordinación de proxectos. - Capacidade para traducir necesidades empresariais en requisitos técnicos. - Valorarase o coñecemento do ecosistema tecnolóxico galego.

Competencias clave

- Habilidades de comunicación e relación con distintos axentes. - Organización, proactividad e capacidade para liderar iniciativas desde cero. - Capacidade para xerar documentación clara e estruturada. - Espírito creativo e orientado a resultados. - Capacidade para comunicarse e traballar fluidamente en inglés.

Que ofrecemos?

- Participación directa en proxectos estratéxicos do sector TIC galego. - Oportunidade de adquirir experiencia de alto valor en consultoría tecnolóxica, deseño de solucións e coordinación técnica. - Traballo nunha contorna dinámica, conectado con empresas, institucións e profesionais do sector. - Supervisión, acompañamento profesional e aprendizaxe continua durante todo o contrato. - Retribución competitiva, flexibilidade horaria e teletraballo maioritario. - Modalidade híbrida: online e en Santiago de Compostela.

Únete ao Clúster TIC Galicia e contribúe ao impulso do ecosistema tecnolóxico da comunidade!

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar
Ofertas cercanas
Empleo Salamanca
Empleo Provincia de Salamanca
Empleo Castilla y León
Inicio > Empleo > Innovation Project Manager (Salamanca)

Jobijoba

  • Dosieres empleo
  • Opiniones Empresas

Encuentra empleo

  • Ofertas de empleo por profesiones
  • Búsqueda de empleo por sector
  • Empleos por empresas
  • Empleos para localidad

Contacto/ Colaboraciones

  • Contacto
  • Publiquen sus ofertas en Jobijoba

Menciones legales - Condiciones legales y términos de Uso - Política de Privacidad - Gestionar mis cookies - Accesibilidad: No conforme

© 2025 Jobijoba - Todos los Derechos Reservados

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar