En Casa Grande de Xanceda buscamos unha persoa aventureira para incorporarse ao equipo do almacén loxístico que temos en Ledoño. Somos unha granxa láctea ecolóxica e precisamos a alguén que teña simpatía, responsabilidade e que comparta os nosos valores. Por iso é suÚuper importante ser amante dos animais e a naturezaEn dependencia do responsable de Expedición. Xornada completa. Incorporación inmediata.FUNCIÓNS:
este posto require unha persoa para almacén de expedición de produtos alimentarios que tería as seguintes funcións:
- Preparación de pedidos- Carga e descarga de mercancía nas diferentes ubicación con carretilla elevadora, traspaleta eléctrica e manual- Control de stocks- Manexo de ofimáticaREQUISITOS:
- Manexo de informática a nivel usuario- Persoa meticulosa e áxil- Flexibilidade horaria- Preferiblemente, residentes na zona- Desexable que teña formación en manexo de carretilla elevadora e traspaletas eléctricas e experiencia en almacén refrixeradoCOMPETENCIAS:
- Alegría e optimismo- Axilidade e facilidade na resolución de problemas e adaptación a novas situacións- Traballo en equipo:
xuntos todo funciona moito mellor- Planificación e organización, estas habilidades non che han ir mal- Compromiso:
buscamos alguén que queira quedar con nós moito tempo, é que nos encariñamos rápido, sabes?- Empatía. Temos moito flow e bo rollo no equipo, ven con empatía e verás que todo vai rodado.- Proactividade:
gústannos as persoas que pensen con iniciativa propiaBENEFICIOS:
Formarás parte dun proxecto estable, terás formación integral a cargo da empresa e un bo ambiente de traballo.