Buscamos persoal para desenvolver as funcións de monitores/as de ocio e tempo libre no CEIP Plurilingüe de Silleda.
O obxectivo do posto é ofrecer actividades educativas, deportivas e de lecer durante o tempo extraescolar e os períodos vacacionais, favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio.
Será imprescindible contar coa titulación B1 en Inglés.
Horario:
· Mañáns: 9:00h a 14:00h
· Tardes: 16:00h a 20:00h
Algunhas das actividades a realizar serán:
· Obradoiros creativos, deportivos, lúdicos e pedagóxicos.
· Actividades de igualdade, corresponsabilidade e promoción dunha vida saudable.
· Excursións, actividades con familias e inmersión lingüística en inglés.
· Participación activa en eventos municipais.
Funcións:
· Ofrecer alternativas de ocio educativo de calidade.
· Fomentar o desenvolvemento integral, a autonomía, a creatividade e a convivencia.
· Apoiar tarefas académicas (non reforzo educativo).
· Promover o deporte, os hábitos saudables e a participación nas actividades municipais.
· Favorecer o uso da lingua galega e do inglés mediante inmersión diaria.
Requisitos:
· Dispoñibilidade de incorporación para o día 22 de decembro.
· Certificado B1 de Inglés.
· Certificado negativo de Delitos Sexuais.