Overview
Proposta de inspección robotizada para contedores MPC en sistemas HI-STORM (HOLTEC) — Oferta de emprego publicada el 17/10/2024. Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). Jornada: 18,75 horas/semana. Salario bruto mensual 950,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2).
Traballo a realizar
A persona contratada incorpórase ó Grupo de Deseño e Simulación Numérica para apoiar as tarefas de deseño e montaxe de dispositivos mecánicos e electrónicos para prototipos de ensaio.
Requisitos
Bacharelato ou FP2.
Méritos a valorar
* Formación académica en deseño e montaxe mecánico. (25 pontos).
* Experiencia demostrable en taller de montaxes electrónicos: soldadura, verificación (25 pontos).
* Certificación B2 de Inglés (15 pontos).
* Experiencia demostrable en programación de Arduino ou similares: actuadores, vídeo, comunicacións. (20 pontos).
* Entrevista persoal. A entrevista realizarase únicamente a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 pontos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 pontos).
Comité avaliador
* Presidente: Enrique Casarejos Ruiz.
* Secretario: Abraham Segade Robleda.
* Vogal: Marcos López Lago.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
Aplicación
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas
A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de outubro de 2024.
#J-18808-Ljbffr