(20/11/2025) NECESITASE Auxiliar de clínica para a confección dunha lista interna de contratación do Departamento Territorial de Política Social e Igualdade en caso de esgotamento das listas reguladas polo Decreto 37/2006, de 2 de marzo. A devandita listaxe estará en vigor durante un ano dende a súa publicación.
CENTROS DEPENDENTES DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE DE OURENSE INTERESADOS/AS: Enviar a documentación que se solicita a través:
Do modelo de solicitude xenérica PR004A na: Sede electrónica da Xunta de Galicia ou nas Oficinas de Asistencia en materia de Rexistro Dirixido á: Departamento Territorial de Ourense Consellería de Politica Social e Igualdade DEBERASE ACHEGAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN: -Documentación obrigatoria: -DNI -Título de Técnico Auxiliar de Clínica, Técnico Auxiliar de Enfermería ou Técnico en coidados auxiliares de enfermería ou equivalente -Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente -Documentación opcional (baremable): -Cursos do idioma galego (mínimo baremable Celga 4) -Curriculum vitae con teléfono de contacto -Certificado de servizos prestados na Xunta na mesma categoría, ou noutras administracións públicas -Contratos de traballo na empresa privada na mesma categoría nos últimos 5 anos -Vida laboral actualizada -Cursos relacionados coas funcións propias da categoría A documentación valorarase de acordo co baremo estabelecido no Anexo III do V Convenio Colectivo Unico da Xunta de Galicia.
#J-18808-Ljbffr