Visión xeral
* Convocatoria:
* Número de prazas: 1
* Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
* Xornada: Tempo parcial (18,75 horas/semana)
* Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma.
* Duración do contrato: 2 meses e medio
* Salario bruto mensual: 1050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
* Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo
* Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Traballo a Realizar
A persoa contratada incorporase ao Grupo para apoiar as tarefas de deseño e análise de sensores para aplicación NDT.
Requisitos
* Grao en Enxeñería Mecánica.
Méritos a valorar
* Grao en Enxeñaría Mecánica, valorándose positivamente a especialización en Maquinaria Industrial, expedido por unha universidade oficialmente recoñecida (30 puntos).
* Coñecementos demostrables (nivel avanzado) en modelización matemática: Métodos Numéricos e Programación, Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos, Ecuacións en Derivadas Parciais (20 puntos).
* Experiencia acreditada en Deseño Asistido por Computador (CAD) e en software de dinámica de fluídos computacional (CFD) e análise por elementos finitos (FEA), incluíndo formulación, resolución analítica e validación experimental ou numérica de problemas industriais (20 puntos).
* Valorarase positivamente a participación en proxectos relacionados con deseño e dimensionamento de instrumentos de laboratorio de gran volume operadas a alta presión (15 puntos).
* Entrevista persoal (15 puntos).
Comité avaliador
* Presidente: Enrique Casarejos Ruiz .
* Secretaria: Sofía Suárez García.
* Vogal: Marcos López Lago.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos estabelecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas
A data límite para o envío das solicitudes é o 30 de xullo de 2025.
#J-18808-Ljbffr