(03/06/2025 ) Necesítase OFICIAL 1o COCIÑA para a confección dunha lista interna de contratación do Departamento Territorial de Política Social e Igualdade en caso de esgotamento das listas reguladas polo Decreto 37/2006, 2 de marzo. A devandita listaxe estará en vigor durante un ano dende a súa publicación CENTROS DEPENDENTES DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DE POLITICA SOCIAL E IGUALDADE DE OURENSE
INTERESADOS/AS: Presentar a documentación que se solicita antes das
14:00 horas do día
06-06-2025
a través: - Da Sede electrónica da Xunta de Galicia cubrindo o modelo de solicitude xenérica PR004A, ou nas oficinas de Asistencia en materia de Rexistro dirixido ao: Departamento Territorial de Ourense Consellería de Politica Social e Igualdade
Deberase Achegar a Seguinte Documentación
* Documentación obrigatoria:
* DNI
* Título Superior en Restauración ou equivalente. - Curso do idioma galego (mínimo esixido Celga 4). *Documentación opcional (baremable):
* Curriculum vitae con teléfono de contacto. -Certificado de servizos prestados na Xunta na mesma categoría, ou noutras administracións públicas
* Contratos de traballo na empresa privada na mesma categoría nos últimos 5 anos
* Vida laboral actualizada.
* Cursos relacionados coas funcións propias da categoría
A documentación valorarase de acordo co baremo establecido no Anexo III do V Convenio Colectivo Unico da Xunta de Galicia. #J-18808-Ljbffr