Queizuar S.L. busca incorporar un Técnico de Mantemento Industrial para a súa planta
industrial situada en Touro dentro do "PROGRAMA INVESTIGO 2024" co fin de
completar a dixitalización e automatización dos seus procesos.
Ofrécese:
* Un contrato a xornada completa cunha duración mínima dun ano e con posibilidade de incorporación no cadro de persoal da empresa, en función dos obxectivos acadados.
* Inicio do contrato: antes do 15 de maio de 2024.
* Traballo a turnos con 40 horas semanais.
Estudos mínimos:
Ciclo Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, Ciclo Superior en Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos, Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial, Ciclo Superior en Automatización e Robótica Industrial ou similares.
Requisitos obrigatorios:
* Non haber cumprido os 30 anos.
* Non haber sido contratado nas convocatorias 2022 ou 2023 co "PROGRAMA INVESTIGO".
* Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego no momento de formalizar o contrato.
Valorarase:
* Experiencia demostrable en mantemento industrial, preferiblemente nunha planta de produción.
* Coñecementos en instalacións eléctricas, fontanería, frío industrial e/ou automatización industrial.
* Carné de conducir.
Se estás interesado…
Envíanos un e-mail co teu CV en formato PDF á antes do 8 de maio de 2024, indicando "Programa Investigo 24" no asunto do correo.
#J-18808-Ljbffr