16/09/2025 | Oferta de empleo
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1671 Número de prazas: 1 Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. Duración do contrato: Indefinida. Salario bruto mensual 1.833,33 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.
OFERTA BASEADA NUNHA RESOLUCIÓN PROVISIONAL OU COMUNICACIÓN FORMAL DA ENTIDADE FINANCIADORA (Disposición adicional 2ª do regulamento de contratación de persoal investigador, técnico e de xestión da investigación da Universidade de Vigo).
Traballo a Realizar
Tarefas de modelado predictivo.
Requisitos
* Grao ou equivalente nunha Enxeñería de ámbito industrial.
Méritos a valorar
* Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no ámbito da Enxeñería Industrial (30 puntos).
* Grao en Enxeñería Mecatrónica/Electrónica/Biomédica (30 puntos).
* Formación: Coñecemento en lingua inglesa, cursos, formación relacionada co posto (30 puntos).
* Entrevista (10 puntos).
Comité avaliador
* Presidente: Mª Concepción Paz Penín.
* Secretario: Eduardo Suárez Porto.
* Vogal: Marcos Conde Fontenla.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos estabelecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: o 30 de setembro de 2025.
#J-18808-Ljbffr