Oferta de emprego – 07/06/2025
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1619
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Duración do contrato: Indefinida. Salario bruto mensual 1.850,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Traballo a Realizar
Investigación sobre grandes modelos multimodais de linguaxe (MLLMs) para análisis de información xeomática en aplicacións de inspección de infraestruturas viarias.
Requisitos
* Grao e Máster (ou equivalentes) en enxeñería.
Méritos a valorar
* Nota media do expediente académico (35 puntos).
* Experiencia investigadora e CV, relacionadas coas Xeotecnoloxías Aplicadas e a Intelixencia artificial (35 puntos).
* Experiencia profesional relacionada coa programación e a automatización de procesos con información xeomática (15 puntos).
* Entrevista (15 puntos).
Comité avaliador
* Presidente: Mario Soilán Rodríguez.
* Secretario: Belén Riveiro Rodríguez.
* Vogal: Pedro Arias Sánchez.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: o 20 de xuño de 2025.
#J-18808-Ljbffr