En Casa Grande de Xanceda buscamos unha persoa aventureira para incorporarse ao equipo do almacén loxístico que temos en Ledoño. Somos unha granxa láctea ecolóxica e precisamos a alguén que teña simpatía, responsabilidade e que comparta os nosos valores. Por iso é suÚuper importante ser amante dos animais e a natureza!En dependencia do responsable de Expedición. Xornada completa. Incorporación inmediata.FUNCIÓNS: este posto require unha persoa para almacén de expedición de produtos alimentarios que tería as seguintes funcións:-Preparación de pedidos-Carga e descarga de mercancía nas diferentes ubicación con carretilla elevadora, traspaleta eléctrica e manual-Control de stocks-Manexo de ofimáticaREQUISITOS:-Manexo de informática a nivel usuario-Persoa meticulosa e áxil-Flexibilidade horaria-Preferiblemente, residentes na zona-Desexable que teña formación en manexo de carretilla elevadora e traspaletas eléctricas e experiencia en almacén refrixeradoCOMPETENCIAS:-Alegría e optimismo-Axilidade e facilidade na resolución de problemas e adaptación a novas situacións-Traballo en equipo: xuntos todo funciona moito mellor!-Planificación e organización, estas habilidades non che han ir mal!-Compromiso: buscamos alguén que queira quedar con nós moito tempo, é que nos encariñamos rápido, sabes?-Empatía. Temos moito flow e bo rollo no equipo, ven con empatía e verás que todo vai rodado.-Proactividade: gústannos as persoas que pensen con iniciativa propia!BENEFICIOS:Formarás parte dun proxecto estable, terás formación integral a cargo da empresa e un bo ambiente de traballo.