Overview
03/12/2024 | Oferta de emprego
Convocatoria:
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).
Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria.
Na data que se estableza na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2).
Contrato fijo vinculado á liña de investigación
Traballo a Realizar
Monitorización de tráfico en estrada baseada en visión artificial con fotogrametría e aprendizaxe profunda.
Requisitos
FP2 Telecomunicacións ou Programación/Bacharelato técnico.
Méritos a valorar
Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (FP2/Bach) (25 puntos).
Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e a monitorización de zonas de obra usando IA (45 puntos).
Outra formación relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos).
Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
Secretario: Pedro Arias Sánchez.
Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación
Solicitude
Currículum vitae
Declaración responsible (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas:
o 12 de decembro de 2024.
#J-18808-Ljbffr
📌 2724-142988 Mellora Da Seguridade En Estradas A Través De Tecnoloxías Enfocadas Ao Digital Twin
🏢 CINTECX
📍 La Coruña