Coordinador/a de Asociación para o Emprendemento Buscámoste para impulsar e coordinar a actividade dunha asociación de persoas emprendedoras, cuxa razón de ser é xerar un ecosistema de emprendemento en Galicia arredor da innovación e das tecnoloxías emerxentes. A asociación conta con máis de 5 anos de traxectoria, polo que a túa misión será dar continuidad á estratexia actual, deseñar a nova folla de ruta, planificar as accións e levalas a cabo no día a día. Traballarás en colaboración con persoas, pemes, startups e empresas, todo o ecosistema galego vinculado ao emprendemento tecnolóxico e con organismos sectoriais. Con posibilidade de realizar teletraballo, o posto desenvólvese principalmente na contorna de Santiago de Compostela, con presenza frecuente noutras localidades de Galicia. Xestionar as operacións diarias da asociación (administrativas, técnicas, representación, comunicación, presuposto…). Traballar com autonomía, colaborando coa equipa directiva para deseñar a folla de ruta e baixar ao terreo as políticas e accións do día a día. Facer medrar a asociación facendo crecer novos ingresos: atraer socios, financiamento, patrocinadores e outras formas de crecemento. Facilitar puntos de encontro : canles de comunicación, eventos dixitais e presenciais, xornadas técnicas e foros de interese. Identificar necesidades comúns das persoas socias e propoñer solucións de valor. Deseñar a estratexia de comunicación e marketing, xestionar as canles de comunicación on-off e dar visibilidade. Dinamizar a participación das persoas asociadas en canles de comunicación interna (slack, boletíns…) e crear novos contidos. Ser enlace activo con axentes do ecosistema de emprendemento en Galicia, representando á asociación ante organismos e grupos de interese. Executar as decisións que che pode trasladar a equipa directiva en beneficio do crecemento e mellora continua da asociación. Experiencia relacionada coa maior parte de funcións, especialmente se é próxima á xestión e/ou consultoría no desenvolvemento empresarial e emprendemento. Suma coñecer o ecosistema de tecnoloxía, emprendemento e innovación en Galicia. Formación de grao ou equivalente, desexable que poida complementarse con contidos relacionados. Entre outras habilidades, esperamos un nivel alto de autonomía e capacidade para xerar relacións. O galego é o idioma do día a día, polo que é preciso dominalo de xeito fluído. Valórase tamén nivel de inglés avanzado. Beneficios e condicións Contribución : tes a oportunidade de formar parte do ecosistema emprendedor galego, participando na creación de empresas emerxentes e favorecendo o intercambio de boas prácticas. Autonomía : podes desenvolver o proxecto co teu propio estilo e selo persoal, aliñado co plan estratéxico e directrices aportadas polas persoas da directiva. Mentorización : por parte do equipo directivo da asociación, persoas con experiencia que impulsaron a súa posta en marcha e crecemento. Condicións : contrato indefinido con período de proba de 6 meses. O salario de referencia será 23k/25k, con previsión de aplicar un sistema de incentivos polo valor aportado e crecemento. Compensación de gastos de desprazamento e representación, ademais do equipamento necesario, como portátil e teléfono móbil. Conciliación : flexibilidade e teletraballo frecuente. Crecemento : acceso aos axentes principal do sector que poden axudarte a impulsar o proxecto. Formación : podes deseñar o teu percorrido de aprendizaxe en paralelo ao crecemento e actividade da asociación. Desenvolvemento : podes poñer en práctica habilidades de xestión e terás acceso a información sobre sectores de interese estratéxico. #J-18808-Ljbffr