Queres marcar a diferenza apoiando a persoas con discapacidade?
En Amicos buscamos persoas comprometidas e con vontade de xerar impacto para incorporarse ao noso equipo de captación de socios e socias. Co teu traballo, contribuirás a impulsar proxectos que melloran a vida de máis de 1.000 persoas con discapacidade en Galicia.
En que consistirá o teu traballo?
Formarás parte dun equipo que informa, sensibiliza e conecta coa cidadanía desde stands e puntos informativos situados en centros comerciais, centros de saúde e hospitais.
Nunca se realizará captación na rúa.
A través de conversas próximas e auténticas, darás a coñecer as historias, retos e logros das persoas con discapacidade, invitando novas persoas a colaborar mediante doazóns mensuais.
Por que unirte a Amicos?
Cada conversa ten un impacto real.
Desenvolve a túa carreira no Terceiro Sector, da man dunha entidade de referencia en inclusión en Galicia.
Ambiente de equipo, valores e un traballo con propósito.
Se buscas un emprego estable, humano e con sentido… este é o teu lugar.
Compromiso coa igualdade
Esta oferta está redactada seguindo criterios de imparcialidade e de non discriminación por razón de xénero, raza, ideoloxía ou calquera outro motivo, conforme á normativa vixente en materia de igualdade (Real Decreto-Lei 6/2019).
Requisitos
En Amicos estamos a buscar persoas coma ti:
- Extrovertidas e comprometidas, con ganas de marcar a diferenza e de medrar dentro dunha organización próxima.
- Con afán de superación e autonomía, capaces de traballar en equipo e con excelentes habilidades comunicativas.
- Con enerxía e paixón, que busquen un equilibrio entre a súa vida persoal e o compromiso co apoio ás persoas.
Valoraremos especialmente se contas con formación en fundraising, mercadotecnia social, sensibilización ou outras áreas relacionadas.
Que ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- A oportunidade de traballar con propósito, contribuíndo a unha causa que cambia vidas.
Únete á nosa misión!
En Amicos cremos na igualdade de oportunidades, promovemos un entorno laboral seguro e diverso, e valoramos o teu compromiso cos nosos valores.
Fai que o teu talento marque a diferenza. Inscríbete agora e forma parte dun traballo que deixa pegada no mundo enteiro.
Se ofrece
- Contrato laboral indefinido dende o primeiro día, con alta na Seguridade Social (25h/semana).
- Estabilidade e proxección profesional.
- Formación continua: ensinarémosche todo o necesario para que alcances os teus obxectivos.
- Bo ambiente de equipo e apoio constante.
- Salario competitivo: media de 1.400€ mensuais. Soldo basee de 870€ + incentivos desde o primeiro mes. Obxectivos realistas e alcanzables.
- Facilidades para o éxito: traballamos cos mellores permisos, sempre en permisos.
- Conciliación: un traballo compatible coa vida familiar, estudos ou oposicións, coa flexibilidade que necesitas.