Empleo
Mis anuncios
Mis alertas
Conectarse
Encontrar un trabajo Consejos empleo Fichas empresas
Buscar

Captador stand ong. 25h/sem - converte o teu traballo nunha oportunidade para cambiar vidas - 900€/1900€ (boiro)

Boiro
Amicos
SEM
Publicada el 14 enero
Descripción

Na Asociación Amicos traballamos cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, autismo e das súas familias. Facémolo dende a inclusión, o compromiso social e o traballo en equipo.
Agora buscamos captadores/as para STAND, persoas comunicativas, con sensibilidade social e ganas de formar parte dun proxecto con impacto real.

Serás a imaxe de Amicos sempre en espazos autorizados, informando e sensibilizando á cidadanía sobre a nosa labor, convidando ás persoas a colaborar de maneira continuada coa asociación. Non é só un emprego: é concienciación, diálogo e compromiso social.

Compromiso coa igualdade
Esta oferta está redactada seguindo criterios de imparcialidade e de non discriminación por razón de xénero, raza, ideoloxía ou calquera outro motivo, conforme á normativa vixente en materia de igualdade (Real Decreto-Lei 6/2019).

Requisitos

En Amicos estamos a buscar persoas coma ti:
- Extrovertidas e comprometidas, con ganas de marcar a diferenza e de medrar dentro dunha organización próxima.
- Con afán de superación e autonomía, capaces de traballar en equipo e con excelentes habilidades comunicativas.
- Con enerxía e paixón, que busquen un equilibrio entre a súa vida persoal e o compromiso co apoio ás persoas.

Valoraremos especialmente se contas con formación en fundraising, mercadotecnia social, sensibilización ou outras áreas relacionadas.

Que ofrecemos?
- Incorporación inmediata.
- A oportunidade de traballar con propósito, contribuíndo a unha causa que cambia vidas.

Únete á nosa misión!
En Amicos cremos na igualdade de oportunidades, promovemos un entorno laboral seguro e diverso, e valoramos o teu compromiso cos nosos valores.

Fai que o teu talento marque a diferenza. Inscríbete agora e forma parte dun traballo que deixa pegada no mundo enteiro.

Se ofrece

- Contrato fijo dende o primeiro día
Xornada parcial de 25 horas semanais con alta na Seguridade Social.
- Estabilidade laboral
Apostamos por relacións laborais duradeiras.
- Salario fixo + incentivos
Salario base de 900 € máis incentivos mensuais.
Salario medio aproximado: 1.250 € ao mes.
- Formación inicial e acompañamento continuo
Non é necesaria experiencia previa. Nós formámoste e acompañámoste en todo o proceso.
- Bo ambiente de traballo e equipo humano
Un equipo comprometido, próximo e con valores.
- Obxectivos realistas e alcanzables
Recoñecemos o teu esforzo e implicación.
- Horario preferentemente de mañá
Ideal para compatibilizar con estudos, familia ou outros proxectos persoais.
- Medidas de conciliación
Porque coidar ás persoas tamén é coidar a quen traballa connosco.

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar
Ofertas cercanas
Empleo Tecnología digital en Boiro
Empleo Boiro
Empleo Provincia de A Coruña
Empleo Galicia
Inicio > Empleo > Empleo Tecnología digital > Empleo SEM > Empleo SEM en Boiro > Captador STAND ONG. 25H/sem - Converte o teu traballo nunha oportunidade para cambiar vidas - 900€/1900€ (Boiro)

Jobijoba

  • Dosieres empleo
  • Opiniones Empresas

Encuentra empleo

  • Ofertas de empleo por profesiones
  • Búsqueda de empleo por sector
  • Empleos por empresas
  • Empleos para localidad

Contacto/ Colaboraciones

  • Contacto
  • Publiquen sus ofertas en Jobijoba

Menciones legales - Condiciones legales y términos de Uso - Política de Privacidad - Gestionar mis cookies - Accesibilidad: No conforme

© 2026 Jobijoba - Todos los Derechos Reservados

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar