Desde Micofer by Empatif, seleccionamos un técnico de márketing e comunicación para relevante empresa do sector cultural en Pontevedra, se tes experiencia no posto ou similares, esta é a túa oportunidade:
Ofrecese:
- Contrato indefinido, xornada completa e traballo presencial.
- Incorporación a unha empresa fiable, con ampla traxectoria no sector cultural.
- Un posto con impacto real, no que poderás contribuír directamente ao posicionamento, á comunicación e á visibilidade da marca.
- Autonomía para propoñer e desenvolver ideas, en coordinación co equipo.
- Bo ambiente de traballo e posibilidades de aprendizaxe continua.
Funcións principais:
- Planificación e execución de accións de márketing e comunicación.
- Xestión das redes sociais corporativas (creación de contidos, calendario editorial, seguimento e dinamización).
- Redacción de textos para a web, campañas, newsletters e materiais promocionais.
- Apoio en campañas de márketing dixital e branding, garantindo a coherencia da marca en todos os canles.
- Análise básica de resultados e métricas para a mellora das accións dixitais.
REQUISITOS MÍNIMOS
• Formación en Márketing, Comunicación, Publicidade ou similar.
• Coñecementos demostrables en redes sociais e comunicación dixital.
• Boa capacidade de redacción e comunicación escrita.
• Manexo de ferramentas dixitais e plataformas sociais.
• Capacidade de organización, iniciativa e traballo en equipo.
Valorable:
• Coñecementos de deseño gráfico e/ou ferramentas de edición.
• Coñecementos de SEO/SEM e analítica dixital.