Empleo
Mis anuncios
Mis alertas
Conectarse
Encontrar un trabajo Consejos empleo Fichas empresas
Buscar

Beca en comunicación (santiago de compostela)

Santiago de Compostela
NTT DATA
Publicada el Publicado hace 22 hr horas
Descripción

Sobre NTT DATA

En
NTT DATA
apostamos polo talento xove e queremos acompañarte no inicio da túa carreira profesional. Neste momento, participamos en proxectos de
innovación social e formativa
, desenvolvendo solucións dixitais que melloran as competencias e oportunidades das persoas, e queremos aumentar o noso equipo de deseño instrucional.

Somos
Global Top Employer
, un recoñecemento ás nosas boas prácticas e cultura empresarial. Ademais, somos unha das empresas favoritas do estudantado que busca desenvolver a súa traxectoria nun entorno con formación continua e oportunidades de crecemento.

Sabemos o importante que é compaxinar os estudos e a vida co desenvolvemento profesional, por iso
poñemos á túa disposición unhas prácticas con
:

- Flexibilidade horaria
, para que poidas conciliar a túa xornada coas responsabilidades académicas ou persoais.
- Plan de formación integral
, que che proporcionará ferramentas e coñecementos clave para medrar no sector, sempre acompañado/a por profesionais expertos/as.
- Contexto dinámico e colaborativo
, onde traballarás con persoas de diferentes perfís e disciplinas, aprendendo de proxectos reais con impacto social.

Que buscamos?

Buscamos unha persoa creativa, analítica e estratéxica, con coñecementos en canais de comunicación dixitais, marketing dixital ou CMS, que teña un
gusto especial polo detalle
, capaz de aplicar correctamente cambios e
detectar erros con facilidade.
Se che gusta analizar procesos e utilizar eses datos para mellorar accións concretas de comunicación e formación…, buscámoste

O teu día a día incluirá:

- Actualización e xestión de publicacións nun CMS.
- Redacción de novas, creación de copys para emailing e contidos para canais dixitais.
- Actualización e maquetación en HTML de recursos dixitais.
- Deseño instruccional de contidos educativos e formativos, con enfoque na mellora continua.
- Curación de contidos e fontes de coñecemento.
- Identificación de necesidades, definición de obxectivos de aprendizaxe, orientación estratéxica dos contidos, recollida de requisitos funcionais e presentación de propostas creativas.
- Revisión textual en galego e castelán, asegurando corrección gramatical, estilo, perspectiva de xénero e atención á diversidade.
- Definición e actualización da documentación de procesos.
- Testeo funcional dos contidos segundo plans de proba definidos.
- Análise de métricas e comportamentos para optimizar a comunicación e os procesos de formación.

Que valoramos?

- Estar cursando Grao en
Xornalismo, CAP
ou
titulacións relacionadas co
ámbito da comunicación
e do
deseño instrucional.
- Estar cursando algún
dos másteres
que se indican a continuación: Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais (UVigo), Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia (USC), Máster Universitario en Comunicación Institucional (USC), Máster en Marketing Dixital (USC) ou similares.
- Nivel alto oral e escrito en
galego e castelán
, con habilidade para redactar textos en ambos idiomas.
- Que sexas dixital
, que te apasione a tecnoloxía e que disfrutes aplicando ferramentas dixitais para mellorar a comunicación, a formación e a experiencia do usuario.
- Coñecementos en CMS, marketing dixital e xestión de canais de comunicación dixitais.
- Capacidade de pensamento estratéxico, análise de datos e mellora continua.
- Proactividade, autonomía e orientación a resultados, con atención ao detalle e capacidade de traballo en equipo.

Se queres formar parte dun proxecto no que aprenderás dos/as mellores profesionais e participarás na creación de recursos con impacto social,
inscríbete e dá o primeiro paso na túa carreira profesional

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar
Oferta cercana
Ml engineer: ai, mlops & cloud pipelines - ntt data, inc.
Santiago de Compostela
Indefinido
Talent
Ofertas cercanas
Empleo Santiago de Compostela
Empleo Provincia de A Coruña
Empleo Galicia
Inicio > Empleo > Beca en Comunicación (Santiago de Compostela)

Jobijoba

  • Dosieres empleo
  • Opiniones Empresas

Encuentra empleo

  • Ofertas de empleo por profesiones
  • Búsqueda de empleo por sector
  • Empleos por empresas
  • Empleos para localidad

Contacto/ Colaboraciones

  • Contacto
  • Publiquen sus ofertas en Jobijoba

Menciones legales - Condiciones legales y términos de Uso - Política de Privacidad - Gestionar mis cookies - Accesibilidad: No conforme

© 2026 Jobijoba - Todos los Derechos Reservados

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar