Coordinación, planificación, organización, dirección e control ao máis alto nivel das distintas áreas de actividade da entidade. As súas funcións estarán encamiñadas á consecución das directrices organizacionais buscando o adecuado desempeño das áreas de actuación e a eficaz utilización dos recursos materiais, asumindo a responsabilidade de alcanzar os obxectivos planificados. Responsable da función técnica da entidade. Posta en marcha de accións, actividades proxectos e programas en coordinación das persoas responsables de áreas para cumprir os fins da entidade con criterios de calidade.
REQUISITOS
- Titulación universitaria preferiblemente do eido social (traballo social, educación social, socioloxía, ciencias políticas, etcétera) Licenciatura – Grado - Master - Experiencia en coordinación ou xestión de programas sociais, sociosanitarios, sociolaborais, formativos, voluntariado, medioambientais.. - Experiencia en intervención e atención directa con persoas beneficiarias dos programas da entidade, persoas en risco ou situación de pobreza ou exclusión social.. - Coñecemento de galego e castelán falado e escrito. Valorarase o coñecemento de inglés. - Experiencia en xestión de equipos. RRHH - Vinculación ao medio rural e/o coñecemento do mesmo. - Carné de conducir. - Dispoñibilidade para viaxar.
COMPETENCIAS .
Iniciativa: Capacidade de anticiparse para facer propostas de novos proxectos e accións e crear as condicións adecuadas para que os mesmos poidan levar a cabo. Recoñecer as oportunidades e estar disposto a asumir os riscos.
Creatividade: Xerar ideas e solucións innovadoras e útiles aos desafíos e problemas cotiáns e para achegar solucións aos problemas emerxentes. · Orientación para o traballo en equipo. · Alta capacidade de organización e resposta en prazos axustados. · Flexibilidade, empatía e capacidade de adaptación ás necesidades da base social ou das administracións públicas. · Dinamismo e pro-actividade na resolución de conflitos. · Boas habilidades de comunicación oral e especialmente escrita.. Identificación cos valores e misión do CDR O Viso.
DATOS BÁSICOS DA CONTRATACIÓN ·
Contrato fijo, por contrato relevo. Xornada Completa · Categoría nivel 1. Segundo convenio de aplicación. · Lugar de traballo: Xinzo de Limia – Lodoselo (Sarreaus) · Incorporación. Inmediata.
CONCURRENCIA Envío de CV actualizado e unha carta de motivación e experiencia ao enderezo electrónico, data límite de recepción de candidaturas ata o 15 de febreiro de 2026 .