Únete a Orestes Comunica Buscamos Talentos Audiovisuais (Content Creator 2.0)Es unha mente creativa que vive e respira o contido dixital?
Emociónanche os novos formatos e as posibilidades da IA?
Esta é a túa oportunidadeEn Orestes Comunica estamos a buscar a unha persoa nova, apaixonada e con visión de futuro para ocupar o posto de Técnica/o de Contidos Audiovisuais.
Queremos incorporar a alguén que entenda as linguaxes actuais e que estea listo/a para levar a nosa comunicación ao seguinte nivel.
¿Qué buscamos en ti?
(Requisitos e Habilidades Principal)Paixón e Creatividade: Buscamos a alguén que achegue ideas frescas, orixinais e que non teña medo de experimentar con narrativas e formatos innovadores.Coñecemento de Novas Linguaxes Audiovisuais: Debes estar ao día coas tendencias en plataformas como TikTok, Instagram Reels, Youtube Shorts, etc. e saber como aplicalas á comunicación empresarial.Experiencia en Gravación, Edición e Postproducción: Manexo fluído de software de edición de vídeo.Visión de Futuro Ferramentas de IA: Valorarase moi positivamente a experiencia ou o coñecemento no uso de ferramentas de Intelixencia Artificial aplicadas á edición e a creación de contido audiovisual.Versatilidade Gráfica: Coñecemento e/o experiencia en Deseño Gráfico para complementar os contidos audiovisuais con elementos visuais atractivos (deseño de miniaturas, overlays, branding etc.)/ etc.
).
Dominio do galego.Valorarase -non é obrigatorio, pero suma puntos-:Dispoñibilidade de carnet de conducir (B) e/ou vehículo propio.Permiso de manexo de dron.
¿Qué tipos de traballos fai en vídeo Orestes Comunica?
Traballamos principalmente cos sectores industrial e cultural, así que o mesmo facemos pezas de vídeo para festivais de música que para explicar cómo funciona un novo tipo de máquina.Exploramos nas posibilidades do formato video para contar historias.
E aplicámolo.Facemos, por suposto, vídeos para redes, para webs, etc..
.¿Qué farás en Orestes Comunica?
(Funciones Principais)Creación, gravación e edición de contido audiovisual para diversas canles (redes sociais, web, presentacións...).
Investigación e aplicación de tendencias e novos formatos.Uso de ferramentas de IA para optimizar e enriquecer os procesos de edición e postproducción.Apoio en traballos de deseño gráfico.
¿Qué ofrecemos?
Incorporarte a un equipo novo dunha empresa innovadora en crecemento, Primeiros meses con bolsa ou contrato prácticas ou en probas, en función do perfil e experiencia da candata/o e incorporación á empresa,***** horas de traballo semanais,Rexime híbrido: entre 2 e 4 días de traballo presencial nas nosas oficinas de Pontevedra,Un ambiente novo, diferente, e creativo,Unha empresa que quere medrar contigo, axudarche a desenvolver as túas ideas, a túa carreira, o teu talento.
Salario: a convir en función da candidata/o.
Sempre alomenos un 15% por riba de convenio.