Buscámoste para impulsar e coordinar a actividade dunha asociación de persoas emprendedoras, cuxa razón de ser é xerar un ecosistema de emprendemento en Galicia arredor da innovación e das tecnoloxías emerxentes.
A asociación conta con máis de 5 anos de traxectoria, polo que a túa misión será dar continuidade á estratexia actual, deseñar a nova folla de ruta, planificar as accións e levalas a cabo no día a día. Traballarás en colaboración con persoas, pemes, startups e empresas, todo o ecosistema galego vinculado ao emprendemento tecnolóxico e con organismos sectoriais.
Con posibilidade de realizar teletraballo, o posto desenvólvese principalmente na contorna de Santiago de Compostela, con presenza frecuente noutras localidades de Galicia.
O teu día a día
* Xestionar as operacións diarias da asociación (administrativas, técnicas, representación, comunicación, presuposto…).
* Traballar co autonomía, colaborando coa equipa directiva para deseñar a folla de ruta e baixar ao terreo as políticas e accións do día a día.
* Facer medrar a asociación promovendo a xeración de novos ingresos:
atraer socios, financiamento, patrocinadores e outras formas de crecemento.
* Facilitar puntos de encontro:
canles de comunicación, eventos dixitais e presenciais, xornadas técnicas e foros de interese.
* Identificar necesidades comúns das persoas socias e propoñer solucións de valor.
* Deseñar a estratexia de comunicación e marketing, xestionar as canles de comunicación on-off e dar visibilidade.
* Dinamizar a participación das persoas asociadas en canles de comunicación interna (slack, boletíns…) e crear novos contidos.
* Ser enlace activo con axentes do ecosistema de emprendemento en Galicia, representando á asociación ante organismos e grupos de interese.
* Identificar liñas de financiamento e convocatorias.
* Preparar memorias anuais e xustificativas.
* Executar as decisións que che pode trasladar a equipa directiva en beneficio do crecemento e mellora continua da asociación.
O que esperamos do teu perfil
* Experiencia relacionada coa maior parte de funcións, especialmente se é próxima á xestión e/ou consultoría no desenvolvemento empresarial e emprendemento.
* Suma coñecer o ecosistema de tecnoloxía, emprendemento e innovación en Galicia.
* Formación de grao ou equivalente, desexable que poida complementarse con contidos relacionados.
* Entre outras habilidades, esperamos un nivel alto de autonomía e capacidade para xerar relacións.
* O galego é o idioma do día a día, polo que é preciso dominalo de xeito fluído. Valórase tamén nivel de inglés avanzado.
Beneficios e condicións
* Contribución :
tes a oportunidade de formar parte do ecosistema emprendedor galego, participando na creación de empresas emerxentes e favorecendo o intercambio de boas prácticas.
* Autonomía :
podes desenvolver o proxecto co teu propio estilo e selo persoal, aliñado co plan estratéxico e directrices aportadas polas persoas da directiva.
* Mentorización :
por parte do equipo directivo da asociación, persoas con experiencia que impulsaron a súa posta en marcha e crecemento.
* Condicións :
contrato indefinido con período de proba de 6 meses. O salario de referencia será 23k/25k, con previsión de aplicar un sistema de incentivos polo valor aportado e crecemento. Compensación de gastos de desprazamento e representación, ademais do equipamento necesario, como portátil e teléfono móbil.
* Conciliación :
flexibilidade e teletraballo frecuente.
* Crecemento :
acceso aos axentes clave do sector que poden axudarte a impulsar o proxecto.
* Formación :
podes deseñar o teu percorrido de aprendizaxe en paralelo ao crecemento e actividade da asociación.
* Desenvolvemento :
pódese poñer en práctica habilidades de xestión e terás acceso a información sobre sectores de interese estratéxico.
Garantimos igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Apúntaste?
#J-18808-Ljbffr