Buscamos Técnico/a de Comunicación, Publicidade e RRPP (Contrato de prácticas dun ano - Primeira Experiencia Profesional)En Thinking Up Events, somos unha axencia e promotora especializada na creación de eventos e experiencias inesquecibles. Agora queremos sumar ao noso equipo a unha persoa con talento e paixón pola comunicación para unirse á nosa oficina de Santiago de Compostela.Se es unha persoa creativa, proactiva e che encanta a comunicación, quizais sexas a persoa que buscamos.O que farás:
* Planificar e executar as campañas de comunicación e publicidade dos nosos eventos.* Desenvolver a estratexia de comunicación dixital e a xestión das redes sociais para cada evento.* Xestionar as relacións cos medios de comunicación:
convocatorias, roldas de prensa, envío de notas, etc.* Coordinar entrevistas con artistas, promotores e outros participantes.* Crear e coordinar a creación de contidos atractivos (textos, imaxes, vídeos) para diferentes canles.* Preparar dossieres e propostas para presentar os nosos proxectos, concertos e artistas.* Analizar resultados e propor melloras para futuras campañas.O que buscamos en ti (Requisitos do posto):
* Formación superior en Comunicación, Publicidade, Relacións Públicas ou áreas relacionadas.* Dominio do galego e castelán, tanto oral como escrito.* Coñecementos básicos de inglés.* Coñecementos de ferramentas de deseño (Suite Adobe), xestión de redes sociais, Wordpress, marketing dixital e analítica web.* Capacidade de traballo en equipo, habilidades de aprendizaxe, de organización e iniciativa propia.Ademais, é imprescindible cumprir as seguintes condicións para optar ao posto:
* Ter cumprido 16 anos e non ter cumprido 30 anos no momento da contratación.* Estar desempregada (desocupada o día inmediatamente anterior ao inicio do contrato) e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.* Non ter unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que se vai contratar.* Estar en posesión dunha titulación universitaria, de grao medio ou superior, ou de formación profesional equivalente.* O contrato debe formalizarse dentro dos tres anos seguintes á finalización dos estudos (cinco anos se se trata dunha persoa con discapacidade).O que ofrecemos:
* Un ambiente de traballo dinámico e creativo.* Un contrato formativo de 12 meses a xornada completa, subvencionado a través do programa de Primeira Experiencia Profesional da Xunta de Galicia, con posibilidade de estenderse e formar parte do equipo de xeito estable.* Posibilidade de posto híbrido, presencial na nosa oficina de Santiago de Compostela e teletraballo segundo acordo.* Salario segundo convenio de Eventos e producións culturais de Galicia.* Oportunidade de crecer profesionalmente e de participar en proxectos emocionantes.Se pensas que o teu perfil encaixa coa nosa oferta, envíanos o teu currículo e unha breve presentación a produccion@thinkingupevents.comwww.thinkingupevents.com