Descrición.
A persoa contratada traballará no modelado computacional, empregando métodos numéricos de primeiros principios, de reaccións químicas de interese para o desenvolvemento dunha sociedade sostible. Este traballo está contextualizado no desenvolvemento de novos métodos teóricos para optimizar estratexias fotocatalíticas empregando nanoestruturas de distintos materiais, co obxectivo de empregar de modo eficiente a enerxía solar para promover tales reaccións químicas. A persoa contratada traballará nun proxecto de investigación cun gran potencial de impacto científico e tecnolóxico, a cabalo entre a física e a química, co que colaborará con investigadores de perfís diversos, tanto en CINBIO como internacionalmente.
Perfil desexado. Persoa cun mestrado en física, química, matemáticas, enxeñería ou outras disciplinas científicas cunha carga matemática significante, cun expediente académico competitivo, un bo nivel de inglés (oral e escrito) e motivada pola investigación. A familiaridade coa Teoría do Funcional Densidad e nocións de química cuántica serán apreciadas, pero non son indispensables.
Condicións laborais. Contrato a xornada completa (40 horas por semana) cunha retribución bruta mensual de 1.500 € e con 12 pagas anuais. A duración inicial do contrato é de 1 ano, prorrogable. Data de incorporación a convenir coa persoa seleccionada, pero non máis tarde de setembro de 2022.