Buscamos Técnico / a de Comunicación, Publicidade e RRPP (Contrato de prácticas dun ano - Primeira Experiencia Profesional)En Thinking Up Events, somos unha axencia e promotora especializada na creación de eventos e experiencias inesquecibles. Agora queremos sumar ao noso equipo a unha persoa con talento e paixón pola comunicación para unirse á nosa oficina de Santiago de Compostela.Se es unha persoa creativa, proactiva e che encanta a comunicación, quizais sexas a persoa que buscamos.O que farás :
Planificar e executar as campañas de comunicación e publicidade dos nosos eventos.Desenvolver a estratexia de comunicación dixital e a xestión das redes sociais para cada evento.Xestionar as relacións cos medios de comunicación:
convocatorias, roldas de prensa, envío de notas, etc.Coordinar entrevistas con artistas, promotores e outros participantes.Crear e coordinar a creación de contidos atractivos (textos, imaxes, vídeos) para diferentes canles.Preparar dossieres e propostas para presentar os nosos proxectos, concertos e artistas.Analizar resultados e propor melloras para futuras campañas.O que buscamos en ti (Requisitos do posto) :
Formación superior en Comunicación, Publicidade, Relacións Públicas ou áreas relacionadas.Dominio do galego e castelán, tanto oral como escrito.Coñecementos básicos de inglés.Coñecementos de ferramentas de deseño (Suite Adobe), xestión de redes sociais, Wordpress, marketing dixital e analítica web.Capacidade de traballo en equipo, habilidades de aprendizaxe, de organización e iniciativa propia.Ademais, é imprescindible cumprir as seguintes condicións para optar ao posto :
Ter cumprido 16 anos e non ter cumprido 30 anos no momento da contratación.Estar desempregada (desocupada o día inmediatamente anterior ao inicio do contrato) e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.Non ter unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que se vai contratar.Estar en posesión dunha titulación universitaria, de grao medio ou superior, ou de formación profesional equivalente.O contrato debe formalizarse dentro dos tres anos seguintes á finalización dos estudos (cinco anos se se trata dunha persoa con discapacidade).O que ofrecemos :
Un ambiente de traballo dinámico e creativo.Un contrato formativo de 12 meses a xornada completa, subvencionado a través do programa de Primeira Experiencia Profesional da Xunta de Galicia, con posibilidade de estenderse e formar parte do equipo de xeito estable.Posibilidade de posto híbrido, presencial na nosa oficina de Santiago de Compostela e teletraballo segundo acordo.Salario segundo convenio de Eventos e producións culturais de Galicia.Oportunidade de crecer profesionalmente e de participar en proxectos emocionantes.Se pensas que o teu perfil encaixa coa nosa oferta, envíanos o teu currículo e unha breve presentación a
#J-18808-Ljbffr