En NTT DATA apostamos polo talento xove e queremos acompañarte no inicio da túa carreira profesional. Neste momento, participamos en proxectos de innovación social e formativa, desenvolvendo solucións dixitais que melloran as competencias e oportunidades das persoas, e queremos aumentar o noso equipo de deseño instrucional.
Somos Global Top Employer, un recoñecemento ás nosas boas prácticas e cultura empresarial. Ademais, somos unha das empresas favoritas do estudantado que busca desenvolver a súa traxectoria nun entorno con formación continua e oportunidades de crecemento.
Sabemos o importante que é compaxinar os estudos e a vida co desenvolvemento profesional, por iso poñemos á túa disposición unhas prácticas con :
Plan de formación integral, que che proporcionará ferramentas e coñecementos clave para medrar no sector, sempre acompañado/a por profesionais expertos/as.
Entorno dinámico e colaborativo, onde traballarás con persoas de diferentes perfís e disciplinas, aprendendo de proxectos reais con impacto social.
No noso equipo deseñamos solucións de aprendizaxe innovadoras que combinan pedagoxía, tecnoloxía e creatividade, e queremos incorporar a unha persoa en prácticas para apoiar ao equipo de deseño instrucional, contribuíndo ao desenvolvemento de materiais formativos dixitais, cursos e-learning e experiencias interactivas.
Buscamos unha persoa creativa, analítica e metódica, con interese polos procesos de aprendizaxe dixital e a comunicación educativa, que teña bo ollo para o detalle e sexa capaz de detectar melloras e propoñer solucións innovadoras.
Valoramos especialmente a claridade e calidade na comunicación escrita, así como a capacidade de redacción e revisión de textos en galego, garantindo corrección lingüística, adequación estilística e sensibilidade cara á linguaxe inclusiva e á diversidade.
Se che interesa analizar, estruturar e mellorar materiais formativos, e queres aprender como se deseñan experiencias de aprendizaxe efectivas e atractivas..., ¡ Estamos a buscarte!
O teu traballo incluirá todas as fases do deseño instrucional de contidos e itinerarios formativos:
Colaborar na identificación de necesidades formativas, definición de obxectivos de aprendizaxe e desenvolvemento de propostas creativas.
Participar no deseño pedagóxico de cursos online, estruturando contidos, obxectivos e avaliacións.
Realizar a curación de contidos e fontes de coñecemento relevantes.
Elaborar guións instrucionais para recursos educativos (actividades interactivas, infografías, vídeos...).
Revisar e redactar textos en galego, garantindo corrección gramatical, estilo inclusivo e perspectiva de xénero e diversidade.
Participar no testing funcional de contidos dixitais segundo os plans de proba definidos.
Estudantes ou recentemente titulados/as nas seguintes titulacións (ou afíns):
Graos ou mestrados das áreas de pedagoxía, maxisterio, educación, profesorado, CAP, procesos de formación...
Graos ou mestrados das áreas de deseño multimedia, comunicación audiovisual, deseño de videoxogos e experiencias gamificadas...
Titulacións vinculadas á tecnoloxía educativa, o e-Learning, aprendizaxe multimedia...
Interese polo deseño instrucional, a aprendizaxe dixital e a innovación educativa .
Dominio oral e escrito do galego e do castelán, con capacidade para redactar e revisar textos en ambos idiomas.
Valoramos coñecementos básicos en ferramentas de autoría (Articulate Storyline, Adapt, Canva, H5P, Adobe...), de plataformas LMS (Moodle) e de ofimática (Office 365, Word e Power point; LibreOffice, Writer e Impress).
Proposta de iniciativas, atención ao detalle, pensamento crítico e creatividade.
Capacidade de traballo en equipo e autonomía responsable para o desenvolvemento de tarefas concretas.
En NTT DATA apostamos pola diversidade, a inclusión e o talento. Cremos que cada persoa achega un valor único e traballamos día a día para crear un entorno no que poidas desenvolver todo o teu potencial.
colaboración é esencial .
Se queres formar parte dun proxecto no que aprenderás dos/as mellores profesionais e participarás na creación de recursos con impacto social, inscríbete e dá o primeiro paso na túa carreira profesional!
#J-18808-Ljbffr