16/07/2025 | Oferta de empleo
Convocatoria:
Número de prazas: 1 | Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo parcial (20 horas/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.
Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a Realizar
Inventario da masa riparia: clasificación mediante métricas e estatísticas LIDAR.
Requisitos
- Grao.
Méritos a valorar
- Titulación académica requirida e relación coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos).
- Outra formación académica (25 puntos).
- Coñecementos específicos en Desenvolvementos Deep Learning e LiDAR (20 puntos).
- Experiencia acreditable relacionada co traballo a desenvolver (25 puntos).
- Entrevista – Máximo 3 Candidatos -Mínimo 50 puntos nos epígrafes anteriores (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
- Secretario: Xana Álvarez Bermúdez.
- Vogal: Henrique Lorenzo Cimadevila.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: o 30 de xullo de 2025.
#J-18808-Ljbffr