Que estamos a buscar?
* Formación como Técnico Superior en Administración e Finanzas
* Licenciado ou Graduado en Administración e Dirección de Empresas ou Economía. Experiencia mínima de dous anos no departamento fiscal - contable.
* Dominio do programa A3 e de Microsoft Office.
* Capacidade analítica e de organización, facilidad para o cálculo matemático e dotes comunicativos para expresar ideas de maneira clara, así como habilidade para escoitar e entender aos seus compañeiros.
* Creación de valor a través do traballo en equipo.
* Capacidade de negociación, resolución de conflitos, xestión de prazos e toma de decisións en momentos de presión.
Que che ofrecemos?
* Contrato indefinido desde o inicio.
* Proxecto stable e con desenvolvemento profesional.
* Ambiente de traballo colaborativo e próximo.
* Participación na xestión diaria dos aspectos fiscais e contables de empresas de múltiples sectores e tamaños.
Funcións principais:
* Asesorar e resolver consultas de clientes.
* Definir e controlar a implementación de criterios e procedementos para o rexistro contable e fiscal.
* Supervisar o rexistro de operacións contables, fiscales, tributarias etc., de acordo á normativa vixente nos prazos e termos establecidos.
* Confeccionar e presentar os seguintes impostos e liquidacións tributarias: I.V.A., I.S., I.A.E., I.R.P.F., Sucesións e Doazóns etc.
* Elaborar e legalizar os libros contables e confeccionar e depositar as contas anuais das empresas no Rexistro Mercantil.
* Preparar informes dos Estados Contables.
* Estudar e asesorar na creación de novas empresas e estruturas societarias.
* Xestionar requirimentos da Axencia Tributaria e comunicacións con Facenda, así como, solicitar aprazamentos.
* Asistir e representar ante os servizos de Inspección Tributaria aos nosos clientes.
* Estudar a contabilidade das organizacións e o seu resultado contable para poder examinar o factor oportunidade na Lei vixente.
* Realizar de manera cualificada, autónoma e responsable a dirección, control, seguimento e revisión das actividades da súa área.
#J-18808-Ljbffr