Arume Labs
, centro de preparación de exames e apoio escolar, selecciona
profesor/a de linguas con francés
para impartir clases nas súas instalacións en Ourense, Galicia.
Como parte do noso proceso de expansión, buscamos unha persoa docente cunha clara orientación ás linguas estranxeiras e ás linguas propias. Para poder considerar unha candidatura como apta, será necesario cumprir cos seguintes
requisitos
:
Requisitos
* Posuír un
nivel C1 ou superior
de francés acreditado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
* Ter, como mínimo, un
grao universitario relacionado coas linguas
, como Lingua Estranxeira, Filoloxía, Educación Primaria, ou similares.
* Dispoñer de
boas habilidades comunicativas e interpersoais
, que permitan interactuar eficazmente con estudantes, familias e compañeiros.
Valorarase positivamente
contar con coñecementos acreditables noutras linguas estranxeiras.
Funcións
* Impartir clases de francés, tanto grupais como individuais, de forma
presencial ou en liña
.
* Colaborar en
proxectos e iniciativas interdisciplinares
.
* Fomentar un
ambiente de aula positivo e inclusivo
, que promova a participación activa do alumnado.
* Xestionar as
aulas virtuais
para facilitar o estudo autónomo fóra do horario lectivo.
* Participar na
creación de contidos dixitais
relacionados coas linguas para as redes sociais do centro.
* Supervisar exames de certificación
lingüística que se realicen no centro.
Proceso de solicitude
As persoas interesadas poden enviar a súa candidatura a través de
LinkedIn
ou por correo electrónico a
, adxuntando os seguintes documentos:
* Currículum vitae
* Carta de presentación
(opcional)
* Carta de recomendación
(opcional)