03/10/2024 | Oferta de empleo
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1441
Número de prazas: 1 / Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida / Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana) / Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma. / Duración do contrato: Indefinida / Salario bruto mensual: 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) / Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo / Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2).
Traballo a realizar
Monitorización de tráfico en estrada baseada en visión artificial con fotogrametría e aprendizaxe profunda.
Requisitos
FP2 Telecomunicacións ou Programación/Bacharelato técnico.
Méritos a valorar
Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (FP2/Bach)(25 puntos).
Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e a monitorización de zonas de obra. (45 puntos).
Outra formación relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas. (15 puntos).
Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente os/as 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
Secretario: Pedro Aris Sánchez.
Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación
Solicitude
Currículum vitae
Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: o 9 de outubro de 2024.
#J-18808-Ljbffr