Programador/A Sistemas Linux (Posibilidade Teletrabajo 100%)
Buscamos a unha persoa á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio.
Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.
Que buscamos? Programadores ou programadoras para a nosa infraestrutura de backend e de comunicacións con coñecementos da linguaxe PHP e bases de datos MySQL, polo que se traballaches nalgunha ocasión con eles, encaixarás con facilidade. Valoraranse coñecementos de Linux e o uso da consola de comandos.
En dinahosting traballarás:
* Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo.
* Desenvolvendo tarefas de programación nas linguaxes coas que traballamos e documentando o teu traballo.
* Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento do programa.
* Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. Encantaríanos que compartises sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento.
Como o farás?
A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para apoiar cando faga falta. Organizamos o traballo baixo a metodoloxía Scrum, con sprints semanais e reunións de seguimento. Temos procesos documentados e formación continua para os equipos.
Cándo traballarás?
Terás unha xornada flexible de entrada entre as 7 e 9 da mañá, e saída entre as 15 e 17 horas, con media hora de descanso. Valorizamos a flexibilidade e conciliación, permitindo que fagas consultas médicas ou outras xestións sen perder tempo.
Onde traballarás?
Nas nosas oficinas en Santiago de Compostela ou en remoto, elixindo a opción que prefiras.
Salario e beneficios sociais
Segundo a experiencia e en base ao convenio, ademais de beneficios como:
* Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario.
* Elección de vacacións en coordinación co equipo.
* Bolsa de formación subvencionada ao 100%.
* Seguro médico e dental tras 6 meses.
* Auxudas para garderías e coidados de maiores.
Sobre dinahosting
Desde 2001, ofrecemos solucións para presencia online, con innovación, calidade técnica e atención ao cliente en varios idiomas. Somos líderes en hosting, dominios, servidores e cloud, con acreditación ICANN e parcerias con marcas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco e VMware. Reconocidos pola súa fiabilidade e soporte 24/7.
#J-18808-Ljbffr