Overview
Convocatoria: Número de prazas: 1. Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana). Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma. Duración do contrato: Indefinida. Salario bruto mensual 2600,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar
informes sobre dispositivos de vixilancia ambiental e desenvolvemento do plan de negocios informes sobre dispositivos de vixilancia ambiental e desenvolvemento de plans empresariais.
Requisitos
* Enxeñeiro Superior de Minas ou similar.
Méritos a valorar
* Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co traballo e funcións a realizar (30 pontos).
* Formación universitaria relacionada co traballo a desenvolver (30 pontos).
* Formación Específica: Xestión Ambiental e Xestión Empresarial (25 pontos).
* Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente á/aos 3 candidatos/as que teñan mellor CV (15 puntos).
Comité avaliador
* Presidente: Pablo Eguía Oller.
* Secretaria: Raquel Pérez Orozco.
* Vogal: Enrique Granada Álvarez.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 2 de xaneiro de 2025.
#J-18808-Ljbffr