Empleo
Mis anuncios
Mis alertas
Conectarse
Encontrar un trabajo Consejos empleo Fichas empresas
Buscar

Ilustrador el grove

La Fábrica de Nikis
Ilustrador
Publicada el 25 noviembre
Descripción

Deseñador/a gráfico/a – Ilustrador/a

Descrición da oferta

En DISTEGA, empresa que xestiona diferentes marcas entre elas Nikis Galicia Style e La Fábrica de Nikis, ampliamos o departamento con un/unha deseñador/a gráfico/a cunha sólida base de ilustración: a túa misión principal será dar forma en imaxe á retranca galega da marca.

Serás a persoa responsable de crear ilustracións orixinais e levar o proceso completo, mantendo o estilo da marca. Buscamos alguén altamente creativo/a que coñeza ben a cultura galega e os seus códigos e sexa quen de convertelos en deseños frescos e actuais.

Ademais, apoiarás o día a día do equipo con pezas de deseño dixital (redes sociais, web, retoque de fotos de produto, etc.), empregarás ferramentas de IA como apoio ao proceso creativo, sempre con criterio propio, polo que se precisa soltura e coñocemento destas.

Funcións principais

Crear ilustracións orixinais

Levar o proceso completo: desde a ocorrencia inicial até a peza final lista para produto.

Propoñer ideas e deseños frescos sen depender de briefings moi pechados.

Coidar e fortalecer o estilo visual da marca.

Apoiar o equipo no deseño dixital para redes e web (publicacións, historias, banners, cabeceiras, boletíns…).

Facerse cargo de tarefas sinxelas de edición de vídeo e retoque fotográfico para imaxes de produto.

Requisitos

Sólida base de ilustración, acreditable cun portfolio (personaxes, escenas, expresións, humor gráfico…).

Estudos en deseño gráfico/ilustración ou experiencia equivalente.

Manexo avanzado de Adobe Illustrator, Photoshop e InDesign (ecosistema Adobe).

Experiencia en ilustración aplicada a produto, en especial ao téxtil.

Coñecemento fondo da retranca galega e dos códigos culturais locais.

Capacidade creativa para xerar ideas propias e propoñer enfoques novos.

Traballo autónomo e boa organización persoal.

Coñecementos de deseño dixital para redes sociais e marketing.

Edición e retoque fotográficos de produto a nivel cualificado básico.

Portfolio actualizado que amose o teu estilo e calidade.

Valorarase

Experiencia ilustrando para serigrafía téxtil (limitacións de tintas, tramas e contraste).

Soltura co uso de ferramentas de IA como apoio creativo.

Bo nivel de galego, sobre todo na comprensión e, se é posíbel, tamén na expresión escrita.

Coñecementos adicionais noutros ámbitos creativos (animación básica, motion graphics, maquetación sinxela…).

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar
Oferta cercana
Artista conceptual e ilustrador digital
Alicante
Indefinido
Univrse
Ilustrador
Oferta cercana
Diseñador/a de producto, ux.ui, diseño gráfico, ilustrador/a
Madrid
LedaMC
Ilustrador
Oferta cercana
Diseñador, ilustrador grafico valencia
Valencia
Gemma Moreno
Ilustrador
Ofertas cercanas
Inicio > Empleo > Empleo Cultura > Empleo Ilustrador > Ilustrador El Grove

Jobijoba

  • Dosieres empleo
  • Opiniones Empresas

Encuentra empleo

  • Ofertas de empleo por profesiones
  • Búsqueda de empleo por sector
  • Empleos por empresas
  • Empleos para localidad

Contacto/ Colaboraciones

  • Contacto
  • Publiquen sus ofertas en Jobijoba

Menciones legales - Condiciones legales y términos de Uso - Política de Privacidad - Gestionar mis cookies - Accesibilidad: No conforme

© 2025 Jobijoba - Todos los Derechos Reservados

Enviar
Crear una alerta
Alerta activada
Guardada
Guardar