Overview
Por favor, lea detenidamente la información de esta oferta de empleo para entender exactamente qué se espera de los posibles candidatos.
25/06/2025 | Oferta de empleo
Convocatoria: úmero de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma.
Duración do contrato: Indefinida. Salario bruto mensual 2.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: CINTECX. Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio ao centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores nas actividades de I+D, a preparación e xestión de solicitudes de novos proxectos de carácter internacional, e a captación de talento. Ademais, participará no desenvolvemento estratéxico e na internacionalización do centro, así como na implementación e xestión do plan de comunicación do CINTECX para fortalecer a visibilidade e o impacto das investigacións e actividades desenvolvidas a nivel internacional e a capacidade de transferencia.
Requisitos
*
* Grao e Master no ámbito das tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX.
Méritos a valorar
*
* Formación Académica: Grao e máster en tecnoloxías ou enxeñarías directamente relacionadas coas áreas de investigación do CINTECX, así como coa natureza das funcións a realizar, especialmente no ámbito da xestión de proxectos. Requírese un nivel avanzado de inglés, que permita a xestión de proxectos internacionais e unha comunicación eficaz neste idioma. (30 puntos).
* Experiencia Profesional: Experiencia previa na xestión de proxectos de I+D, especialmente en ámbitos internacionais. Experiencia na organización de actividades de formación e divulgación científica. Experiencia na elaboración e execución de plans de comunicación (30 puntos).
* Coñecementos Específicos: Procedementos e requisitos das convocatorias de financiamento europeas e nacionais. Familiaridade cos sistemas de xestión da calidade aplicados á investigación, así como na xestión orzamentaria e de pedidos na universidade e noutras administracións. Coñecemento das áreas temáticas e liñas de investigación do CINTECX. Competencia no uso de ferramentas e software para a xestión de proxectos e a comunicación científica (25 puntos).
* Entrevista (15 puntos).
Comité avaliador
*
* Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
* Secretario: Félix Quintero Martínez.
* Vogal: Marta Pazos Curras.
Documentación
*
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae. xpzdshu
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas
A data límite para o envío das solicitudes é 9 de xullo de 2025.
#J-18808-Ljbffr