Únete ao equipo de
RDG !En
Estamos buscando un / una enxeñeiro / a de proxectos para as nosas oficinas en Santiago de Compostela. Sabemos que as grandes ideas necesitan talento para facerse realidade. Se es unha persoa apaixonada e con ganas de marcar a diferenza, queremos que te unas ao noso equipo.
Principais responsabilidades :
Deseño e planificación de proxectos :
Desenvolver layouts, planos e documentación técnica para sistemas de enerxía renovable, deseñando e optimizando sistemas eléctricos en media e alta tensión, incluíndo liñas de transmisión e subestacións. Realizar estudos de viabilidade e análise de recursos eólicos e solares.
Xestión e supervisión técnica :
Revisar e aprobar a enxeñería básica e de detalle para a tramitación e execución. Elaborar especificacións técnicas e coordinar con provedores. Brindar apoio técnico na fase de construción e posta en servizo de instalacións.
Tramitacións e cumprimento normativo :
Supervisar a tramitación e permisos a nivel rexional e nacional. Coordinar con administracións locais e nacionais para asegurar a conformidade normativa e xestionar permisos específicos.
Optimización e control de proxectos :
Xestionar cronogramas, prazos e custos, asegurando estándares de calidade e coordinación con contratistas e provedores.
Colaboración e comunicación :
Coordinar con equipos internos e externos para asegurar a eficiencia técnica. Xestionar a comunicación con administracións públicas e outros stakeholders do proxecto.
Requisitos mínimos :
Formación académica :
Enxeñería eléctrica ou afín.
Experiencia :
Mínimo 5 anos en deseño e desenvolvemento de proxectos de enerxías renovable.
Competencias requiridas :
Conocementos técnicos :
Deseño de sistemas eléctricos e redes de transmisión, con experiencia en cálculos de BT e MT. Coñecementos en autoconsumo e ferramentas de software como QGIS, WASP, PVsyst e outras similares da industria. Coñecemento da normativa rexional e nacional en enerxías renovables.
Habilidades :
Habilidades de liderado, autonomía e comunicación. Dispoñibilidade para desprazamentos dentro de Galicia.
#J-18808-Ljbffr