**Descrición**:
A EMPRESA:
Dativic S.L é unha empresa innovadora enrolada no mundo da impresión 3D ou fabricación aditiva. É maioritariamente coñecida grazas á súa liña de negocio e-commerce baixo a marca Filament2Print, a través do cal se comercializan unha das maiores gamas de produtos de impresión 3D do mercado europeo. Diferénciase polo seu alto nível de servizo e fiabilidade ofrecido ao mercado con máis de 3000 referencias en stock e realizando envíos a todo o mundo.
FUNCIÓNS:
- Atención de consultas de clientes sobre produtos, tramitación e estado de pedidos e outras dúbidas, a través de correo electrónico, chat e teléfono.
- Elaboración de orzamentos a petición de cliente, seguimento e validación de pedidos.
- Xestión de devolucións.
- Seguimento de incidencias de envío coas compañías de transporte.
OFRÉCESE:
- Contrato en xornada completa (40 horas de luns a venres).
- Formar parte dunha empresa de referencia no sector da fabricación aditiva con vocación internacional e en plena expansión.
- Posibilidade de crecer xunto á empresa.
- Centro de traballo na contorna de Vigo (Nigrán)
- Cultura de empresa orientada a valores corporativos: Paixón, profesionalidade, orientación ao cliente e mellora continua.
**Posto**: Atención cliente
**Requisitos Mínimos**:
- Persoa organizada, responsable, resolutiva e proactiva.
- Experiência en posto similar de contacto directo con clientes.
- Nível alto de inglés.
- Coñecementos ofimáticos.
- Boas habilidades comunicativas e vocación a cliente.
- Sobresaliente redacción.
**Requisitos Desexados**:
- Dominio de outros idiomas (francés, portugués, alemán).
- Coñecemento de xestores CMS (Prestashop, Wordpress).
- Coñecementos básicos de impresión 3D.
**Experiência Mínima**:
Experiência previa en posto similar de contacto directo con clientes.
**Estudos Mínimos**: