**Descripción**:
¿Vives en Santiago ou arredores?, ¿buscas un traballo ágil?, ¿tes experiência como conductor/a ou en reparto/loxística?...se é así, sigue lendo, porque esta oferta pode ser do teu interese:
En Galejobs buscamos, para unha empresa con máis de 30 anos de traxectoria no eido da distribución de productos alimentarios, un/ha repartidor/a.
Traballarás en turno de mañá, recorrendo os puntos de venta activos (tendas de alimentación, gasoliñeiras, pequenos comercios, estancos...), cargando as mercadorías e realizando as entregas dentro dunha ruta estable e establecida.
As túas funcións principais serán:
- Carga de mercancía na furgoneta de empresa.
- Reparto diario a clientes dentro da comarca de Santiago.
- Xestión dos cobros en efectivo (aproximadamente 80%).
- Entrega de documentación e cartos recaudados.
- Mantemento do bo trato e relación cos clientes.
Serán requisitos indispensables:
- Permiso de conducir B.
- Bo nível de autonomía, responsabilidade e puntualidade.
- Habilidades de comunicación e organización.
Valoramos positivamente a experiência como repartidor/a ou en sectores de loxística e distribución.
Ofrecemos:
- Contrato inicial de 3 meses con alta probabilidade de continuidade na empresa.
- Vehículo de empresa (uso exclusivo en horario laboral).
- Xornada máxima de 8 horas.
¡Inscríbete! ¡Agardamos por ti!
**Puesto**: Repartidor/a
Inscribirme a esta oferta